O Goberno galego fai un investimento total no edificio de 15,8M€, dos que máis dun 76% son fondos propios
O inmoble, de 76 fogares, disporá de 12 vivendas de 2 dormitorios, 55 de 3 estancias e 9 fogares de 4 dormitorios
Polo menos o 40% das vivendas destinaranse en exclusiva ao alugueiro para menores de 36 anos
A conselleira anuncia que no mes de agosto coñecerase a proposta gañadora do concurso de ideas para a recuperación do entorno do pazo de Dona Urraca
Allegue explicou que a Xunta xa ten en marcha 600 vivendas de promoción pública na cidade, e máis de 2.200 en toda Galicia