Vivenda Pública Galega

Vivenda Pública Galega

A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia ten como obxecto social a realización das actividades dirixidas á promoción e xestión de vivenda con destino a venda ou alugueiro, así como á promoción de solo residencial no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. O desenvolvemento destas actividades ten por finalidade garantir a utilización do solo de acordo co interese xeral e dotar á comunidade autónoma de solo para a construción de vivendas dignas e adecuadas, especialmente, aos sectores con menos capacidade económica, actuando como elemento de regulación do mercado inmobiliario e de mellora da calidade ambiental.

Inclúense nestas actividades as seguintes:

  1. Promoción de vivenda mediante a correspondente acción edificatoria ou de rehabilitación destinada a albergar vivendas, incluídas vivendas suxeitas a calquera réxime de protección pública.
  2. Desenvolvemento de solo residencial mediante a correspondente acción urbanizadora precisa para a execución do planeamento urbanístico.
  3. Adquisición, por calquera título, de terreos destinados á formación de reservas de solo, preparación de soares, dotacións e equipamentos, fomento da vivenda ou calquera outra finalidade análoga de carácter urbanístico.
  4. Adquisición, arrendamento, alleamento e permuta de bens inmobles.
  5. A promoción e xestión de actuacións en materia de vivenda e solo que se desenvolvan directamente pola propia sociedade ou en colaboración con outras administración públicas competentes ou con entidades privadas, de acordo coa normativa vixente.
  6. No desenvolvemento dos seus fins, poderá levar a cabo cantas actuacións considere convenientes en relación coa elaboración de estudos, redacción de proxectos e plans de ordenación, execución de obras, adquisición, comercialización, permuta e alleamento a título oneroso de solo, equipamento e vivendas, constitución de dereitos reais e gravames sobre bens, xestión e explotación de obras e servizos e calquera outra que considere necesarias cos límites establecidos pola lexislación aplicable da Comunidade Autónoma de Galicia e polo resto do ordenamento xurídico.

CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN

PRESIDENTA:

  • Dona María Martínez Allegue, Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

VICEPRESIDENTE:

  • Don Heriberto García Puerto, Secretario Xeral de Vivenda e Urbanismo e Director Xeral do IGVS.  

VOCALES:

  • Don Ricardo Valencia Hentschel, Director Técnico de Construccións e Calidade do IGVS.
  • Doña María Ángeles Dominguez Franjo,  Secretaria  Xeral do IGVS.
  • Don Joaquín San Martín Zamacola , Director Técnico de solo residencial do IGVS
  • Don José María Barreiro Díaz, Director Xeneral de simplificación administrativa e do patrimonio.
  • Dona Sonia Lafont Sendino, Directora da ATRIGA.