A Xunta ten en marcha máis de 2.800 vivendas en diferentes fases de execución, cun investimento de máis de 220 M€

A Xunta ten en marcha máis de 2.800 vivendas en diferentes fases de execución, cun investimento de máis de 220 M€

Dos novos fogares, 2.689 son de nova construción, 115 rehabilitados ao abeiro do Programa Rexurbe e 82 adquiridas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo

O Goberno galego ten neste momento 825 vivendas en construción

Hoxe presentouse no Observatorio de Vivenda de Galicia o balance de execución do Pacto de Vivenda de Galicia para o período 2021-2024