A Xunta recibiu xa 23 solicitudes de axudas para a reconstrución das vivendas afectadas polos incendios

A Xunta recibiu xa 23 solicitudes de axudas para a reconstrución das vivendas afectadas polos incendios

Ata o momento, ademais das 23 peticións de axudas, 78 persoas solicitaron información sobre estas achegas autonómicas.

Allegue subliñou ante os afectados o compromiso da Xunta para resolver as solicitudes “coa máxima celeridade”, a fin de que poidan iniciar canto antes as reconstrucións dos fogares

A conselleira lembrou que as achegas activadas polo Goberno galego poden acadar case 150.000 € no caso de vivendas habituais

Recordou que o Goberno galego tamén asumirá o 100 % do alugueiro temporal, se é preciso e achegará ata 600 € máis para sufragar gastos derivados desta situación