O concello de Friol súmase ao programa da Xunta para mobilizar solos de titularidade municipal para a construción de vivenda de promoción pública

O concello de Friol súmase ao programa da Xunta para mobilizar solos de titularidade municipal para a construción de vivenda de promoción pública

O convenio co Concello de Friol é o terceiro que se asina en Galicia, tras os rubricados cos concellos das Pontes de García Rodríguez e da Arnoia, e o primeiro na provincia de Lugo

O departamento que dirixe María M. Allegue pon a disposición do Concello Friol esta nova ferramenta que lle outorga apoio técnico para ofertar, mediante concurso público, unha parcela da súa titularidade, para a construción de ata 18 vivendas protexidas

Esta iniciativa da Xunta trata de axilizar a construción de vivenda protexida en solos de titularidade municipal, tanto en réxime de venda como en alugueiro