A conselleira María M. Allegue destaca o esforzo compartido da Xunta e do sector da construción no impulso da vivenda pública e infraestruturas máis seguras en Galicia

A conselleira María M. Allegue destaca o esforzo compartido da Xunta e do sector da construción no impulso da vivenda pública e infraestruturas máis seguras en Galicia

Subliña o intenso ritmo licitador que está a desenvolver a Xunta co obxectivo principal de duplicar o parque público residencial, tendo xa en marcha preto de 3.000 novas vivendas

O departamento que dirixe María M. Allegue leva licitados 208 M€, cun investimento total estimado de 451M€

Pon en valor o talento do sector galego da construción, competitivo e comprometido, que conta co selo Galicia Calidade, que ademais, o pasado mes de febreiro foi declarou como estratéxico pola Xunta, e que achega o 5,7% do PIB autonómico

A conselleira lembrou o esforzo licitador da Xunta, con 98M€ licitados pola Axencia Galega de Infraestruturas para obra civil entre xaneiro e xullo, 54M€ polo Instituto Galego da Vivenda e Solo e 34,7M€ pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas en edificación residencial e non residencial