O presidente da Xunta sinala que o obxectivo é facilitar aos mozos e mozas menores de 36 anos que queren iniciar o seu proxecto vital no rural, a través do apoio económico directo para acceder á súa primeira vivenda
Na convocatoria deste ano tense xa favorecido a adquisición de 294 vivendas en Galicia, das que 136 están localizadas na provincia da Coruña, 51 en Pontevedra, 49 en Ourense, e 58 en Lugo.
Estes fogares distribúense en 118 concellos, con maior incidencia nos da provincias da Coruña (48), que concentran boa parte das solicitudes presentadas, pero tamén cun peso significativo en Lugo (27), Pontevedra (23) e Ourense (20)
Destaca que o Goberno galego prepara xa a ampliación de crédito destas axudas en ata 600.000 €, para atender á elevada demanda deste programa, que ten esgotado o orzamento da convocatoria vixente ata o 15 de outubro
Reafirma o compromiso da Xunta co dereito á vivenda e coa dinamización do rural e a fixación da poboación, garantindo a continuidade e ampliación desta liña de apoio ao acceso á vivenda en pequenos concellos.