A conselleira María M. Allegue esixe ao Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana que garanta a prórroga dos fondos europeos ás promocións das cooperativas en Galicia

A conselleira María M. Allegue esixe ao Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana que garanta a prórroga dos fondos europeos ás promocións das cooperativas en Galicia

Allegue pon o acento na necesidade da prórroga dos fondos MRR para non frear as promocións cooperativas como a de Xuxán (na Coruña) ou á das 27 vivendas prevista en Vigo, que non chegarán a tempo se non se amplían os prazos

Lembra que a Xunta foi a primeira en reaccionar no caso da cooperativa de Xuxán, mantendo contacto permanente coa xestora Galivivienda, os socios, o ICO e a ministra de Vivenda

Pon o acento na transparencia e dilixencia nas actuacións da Xunta, desde a licitación do concurso “público e transparente” do ano 2023, no que Galivivienda resultou adxudicataria de 224 vivendas protexidas en alugueiro, ata lograr a rectificación no préstamo do ICO

Reitera que a Xunta non permitirá desvirtuar os alugueiros accesibles, taxados por normativa, polo que se fose necesario recuperarase o solo público

A titular de Vivenda pide aos grupos da oposición que defenda en Madrid os intereses de Galicia e se sumen á reclamación da Xunta perante o Ministerio para asegurar, “dunha vez por todas”, a prórroga dos fondos europeos