O Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana acepta a proposta da Xunta de creación dun grupo de traballo coas comunidades autónomas para que se reúna a semana que ven, na procura dun plan de consenso, cuestión que foi aceptada
A conselleira criticou a falta de participación das comunidades autónomas na elaboración do plan, ao tempo que lamentou o retraso “inxustificable” da súa tramitación por parte do Ministerio, que pon en perigo a convocatoria das liñas de axudas vinculadas ao plan
Reclamou axudas para incentivar ao sector para a construción de vivenda protexida, tanto en réxime de alugueiro como en venda, e tamén para urbanizar solo residencial, ademais de programas flexibles, non ríxidos, que eviten burocracia
A titular da CVPI puxo enriba da mesa a problemática á que se enfrontan os socios cooperativistas de Galivivienda, xestora pendente aínda da financiación do ICO e de que o Estado garanta os fondos europeos que a cooperativa ten concedidos