Rueda sitúa a Galicia á vangarda da construción de vivenda pública co emprego de técnicas industrializadas

Rueda sitúa a Galicia á vangarda da construción de vivenda pública co emprego de técnicas industrializadas

O uso das técnicas industrializadas permite reducir tempos de execución, evitar atrasos, mellorar o uso de materiais como a madeira galega e facer fronte á escaseza de man de obra cualificada

A aposta por este modelo enmárcase na estratexia da Xunta pola modernización do sector, reforzando a competitividade das empresas galegas e fomentando un modelo produtivo máis sostible e tecnolóxico

En conxunto, a planificación en Vigo abrangue ata 5.300 vivendas, incluíndo os fogares de Navia e os que se desenvolvan nos ámbitos de Ofimático e Ramón Nieto

A Xunta ten comprometidos  248 millóns de euros en Vigo para desenvolvemento do solo residencial e promoción de vivenda pública

Enmarca este proxecto na aposta da Xunta por duplicar o parque público nesta lexislatura ata as 8.000 vivendas, das cales xa hai preto de 3.000 en marcha, 400 delas empregando técnicas industrializadas