O Concello de Valdoviño súmase ao programa da Xunta para mobilizar solos de titularidade municipal para a construción de vivenda protexida

O Concello de Valdoviño súmase ao programa da Xunta para mobilizar solos de titularidade municipal para a construción de vivenda protexida

O convenio co Concello de Valdoviño é o cuarto que se asina en Galicia, tras os rubricados cos concellos das Pontes de García Rodríguez, A Arnoia e Friol 

O departamento que dirixe María M. Allegue pon a disposición da administración local esta nova ferramenta que lle outorga apoio técnico para ofertar, mediante concurso público, unha parcela da súa titularidade, para a construción de ata 12 vivendas protexidas

Esta iniciativa da Xunta trata de axilizar a construción de vivenda protexida en solos de titularidade municipal, tanto en réxime de venda como en alugueiro

Este novo programa está a suscitar o interese de máis administracións locais, coas que a Xunta xa se están a manter contactos