A Xunta elixe a cidade de Ourense para o programa piloto de adquisición de locais en desuso para transformalos en vivendas protexidas

A Xunta elixe a cidade de Ourense para o programa piloto de adquisición de locais en desuso para transformalos en vivendas protexidas

Allegue sinalou que se trata de converter locais baleiros en fogares, se reúnen as condicións técnicas e xurídicas axeitadas para a transformación en vivendas protexidas

Detallou que a Xunta realizará unha convocatoria na cidade, establecendo un prezo máximo por m2 de local, para logo facer unha valoración individual de cada oferta

Indicou que a comunidade de propietarios terá que dar o visto e prace ao cambio de uso de local a vivenda

A Xunta destinará a esta medida un investimento de 5M€, dos que 2M€ serán para 2026

Os Orzamentos da Xunta para 2026 consignan 25,5M€ para Ourense, dos que 17,7M€ se dirixen, entre outras actuacións, á construción de máis vivenda pública e máis solo