A Xunta dá luz verde ambiental ao Proxecto de Interese Autonómico Escorial Vinteún en Ourense, coa previsión de urbanizar solo para máis de 1.600 vivendas

O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos na contorna sempre que se cumpra cos condicionantes incluídos no documento co fin de preservar os valores de patrimonio cultural e favorecer unha axeitada integración paisaxística

O ámbito de actuación do PIA, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, abrangue un espazo de máis de 16 hectáreas de extensión ao carón do barrio Vinteún