O delegado territorial lembrou os convenios con 46 concellos para paliar os danos ocasionados polos incendios forestais deste ano por un importe de 5 millóns de euros
Manuel Pardo informou que, a través deste convenio, a Xunta vén de facer unha achega de preto de 244.000 euros
Manuel Pardo achegouse a unha vivenda dun particular que percibiu unha axuda da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, de máis de 148.000 para a rehabilitación da súa vivenda habitual afectada polos incendios forestais deste verán
O representante do Goberno galego salientou que durante o operativo de emerxencia para garantir a alimentación do gando nas explotacións afectadas polos incendios forestais subministráronse no concello de Cualedro 94.600 kg de herba seca e 28.540 kg de palla
O delegado territorial remarcou que a Xunta activou en outubro un plan especial de voluntariado deseñado para contribuír á protección e recuperación daqueles concellos da provincia afectados polos incendios e que contan con espazos naturais protexidos
