Preto de douscentos expertos asisten ao Congreso Internacional de Ordenación do Territorio promovido pola Xunta e a asociación Fundicot, que se celebra desde hoxe ata o vindeiro venres 14 en Santiago co lema Cultura territorial. O futuro non se improvisa
A conselleira destaca a necesidade dunha programación con perspectiva para responder ás demandas do presente e aos retos do futuro, co fin de legar ás xeracións futuras “un territorio ordenado, cohesionado, accesible e sostible”
Allegue puxo en valor as políticas da Xunta en materia de vivenda e infraestruturas “para facilitar unha Galicia máis vertebrada, conectada, máis sostible e unha Galicia na que residir sexa factible”
Subliñou que dos 560M€ dos orzamentos da Consellería, 163M€ irán dirixidos á construción de novos fogares, diante do reto de duplicar o parque público residencial que ten marcado o Goberno galego
O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, participou na mesa redonda sobre “Estratexias para unha adecuada política da vivenda en España”
