O Concello do Valadouro súmase ao programa da Xunta para mobilizar solos de titularidade municipal para a construción de 44 vivendas protexidas

O departamento que dirixe María M. Allegue pon a disposición do Concello esta nova ferramenta que lle outorga apoio técnico para ofertar, mediante concurso público, a parcela municipal, situada na confluencia da rúa Rosalía de Castro e da avenida da Veiga

O convenio co Concello de Valadouro é o quinto que se asina en Galicia, tras os rubricados cos concellos das Pontes de García Rodríguez, A Arnoia, Friol e Valdoviño

Esta iniciativa da Xunta trata de axilizar a construción de vivenda protexida en solos de titularidade municipal, tanto en réxime de venda como en alugueiro

Este novo programa está a suscitar o interese de máis administracións locais, coas que a Xunta xa se están a manter contactos