Allegue agradeceu aos arquitectos o seu “talento e excelencia que contribúe ao desenvolvemento da nosa terra e a reforzar a marca Galicia Calidade”
Na categoría de Premio galego de Arquitectura premiouse o HALO de Vigo, cuxo proxecto é de Alexandre Mouriño, José Carlos Núñez de Oliveira e Miguel Sacristán Montesinos; e un edificio no barrio compostelán de San Marta, de Manuel Carbajo e Celso Barrios
Na liña de rehabilitación, resultou premiada a restauración interior da casa consistorial de Pontevedra, cuxos autores foron María Gracia Amandi e Dionisio Jorge de Uña
Na categoría de Sustentabilidade, o premio recaeu nas arquitectas Cristina Ezcurra e Cristina Ouzande pola reforma e ampliación do centro de saúde do Porriño
A conselleira subliñou a “importancia da colaboración da Xunta co sector para seguir dando pasos tanto en construción e en rehabilitación de vivenda, coma desenvolvendo solo residencial”, co obxectivo de facilitar o acceso dos galegos a un fogar
