Rueda anuncia que a Xunta incrementará nun 30% as axudas para que os concellos transformen inmobles municipais en vivendas públicas para alugueiro

Rueda anuncia que a Xunta incrementará nun 30% as axudas para que os concellos transformen inmobles municipais en vivendas públicas para alugueiro

Subliña que na nova convocatoria, dirixida aos concellos medianos e pequenos, o 95% do custe das obras de reforma estará financiado polo Goberno autonómico

Afirma que a Xunta traballa para cumprir co compromiso de duplicar o número de vivendas públicas ao longo desta lexislatura, de 4.000 a 8.000, e que en ano e medio xa están en marcha, en diferentes fases de execución, preto de 3.000