O importe da licitación ascende a máis de 120.000 €
Trátase da redacción de proxecto e dirección de obra para 14 novos fogares que se construirán na parcela cedida polo Concello na rúa Aguceira en Vilarrodís
A execución de toda a obra suporá un investimento estimado de máis de 2,7 M€
A Xunta mantén o ritmo de traballo no obxectivo de chegar ás 4.000 novas vivendas de promoción pública nesta lexislatura, con máis de 3.000 vivendas en distintas fases de execución
