O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta nova medida para aumentar as vivendas públicas, ao converter locais en desuso en inmobles para uso residencial
Allegue subliñou o dobre obxectivo de crear novas vivendas protexidas e permitir que os propietarios poidan dar unha saída a locais agora sen rendemento
Os locais deberán situarse na trama urbana da cidade, en baixos ou entreplantas de inmobles de uso residencial e atoparse en bo estado e libres de cargas
O IGVS realizará unha taxación dos locais e ademais da súa compra asumirá os gastos dos honorarios de profesionais que interveñan na elaboración da documentación técnica ou na realización dos trámites administrativos necesarios
A Xunta tamén está a construír en Cambedo de Raia 64 vivendas públicas e avanza no PIA do Escorial-Vinteún para habilitar solo residencial para desenvolver 1.600 vivendas por parte de promotores, cooperativisitas e administracións
