O programa Fogar Vivo da Xunta concedeu 239 axudas a particulares en 2025, cun importe total de 1,4 M€  para mobilizar vivendas baleiras en alugueiro

O programa Fogar Vivo da Xunta concedeu 239 axudas a particulares en 2025, cun importe total de 1,4 M€ para mobilizar vivendas baleiras en alugueiro

Dende a súa publicación, en xullo de 2025, o Goberno galego recibiu máis de 400 solicitudes e concedeu 239 axudas, esgotando o crédito da subvención

Trátase de axudas de ata 16.000 euros para reformas e melloras compras de electrodomésticos ou para cubrir seguro de impago e multirrisco de fogar

O programa inclúe unha contía extra de 2.000 € se o propietario aluga a menores de 36 anos ou a familias con menores ou persoas dependentes ao seu cargo

Allegue anunciou que o prazo para a próxima convocatoria, que contará cun orzamento de 2,6M€, abrirá a finais do vindeiro mes de febreiro