Allegue salientou que a este edificio se suman outro en Lamas de Abade e un máis no Castiñeiriño, cuxas obras están próximas á finalización, acadando un total de 60 novas vivendas públicas
Adiantou que hoxe tivo lugar a proposta de adxudicación da redacción do proxecto para o primeiro inmoble de aloxamentos compartidos para menores de 36 anos, con 60 vivendas, que construirá a Xunta na rúa Xoán XXIII
Subliñou que a Xunta tamén construirá 244 vivendas públicas e unha residencia universitaria en Salgueiriños e 36 vivendas máis en Volta do Castro, grazas á modificación normativa coa que se vai poder construír en solos dotacionais
