Allegue salientou que se trata da primeira entrega de chaves de vivendas rehabilitadas nesta lexislatura na cidade departamental
Sinalou que esta é unha das dúas vivendas obtidas na rehabilitación do inmoble que abrangue dous números na rúa Carme Curuxeiras
Na mesma rúa a Xunta tamén recuperou o edificio do número 8 para acadar outras 3 vivendas, estando as obras a piques de rematar
O Goberno galego vén de licitar este mes as obras para impulsar 124 vivendas no Bertón, cun investimento de 22M€
