A Xunta investirá 2,5 M€ na urbanización do solo da Baiuca-A Penouqueira en Arteixo para favorecer a construción de 160 vivendas

A Xunta investirá 2,5 M€ na urbanización do solo da Baiuca-A Penouqueira en Arteixo para favorecer a construción de 160 vivendas

A conselleira subliña que a aprobación inicial do PIA supón “o comezo dun novo barrio, céntrico, con novos fogares, ben comunicado, con espazos verdes, zonas de lecer e servizos ”

Ademais da zona residencial, o PIA prevé unha zona comercial, unha parcela destinada a equipamento, ao redor de 200 prazas de aparcamento e 200 árbores

Unha das singularidades será a instalación dun elevador e unha pasarela accesible na avenida de Galicia

Trala publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia da aprobación inicial, ábrese un prazo de información pública durante quince días e prevese a aprobación definitiva do PIA no último trimestre deste ano

A Xunta prevé licitar a urbanización no 2027 e no 2028 estará xa en obras