A Xunta avanza para rematar nesta primavera a construción de 12 vivendas públicas en Lamas de Abade, en Santiago, cun investimento de 2,7 M€

A Xunta avanza para rematar nesta primavera a construción de 12 vivendas públicas en Lamas de Abade, en Santiago, cun investimento de 2,7 M€

A conselleira destacou que estas 12 vivendas, xunto ás outras 36 que constrúe a Xunta en Lamas de Abade e Castiñeiriño, se entregarán xa este ano

Do investimento total de 2,7M€, o 78% corresponde a fondos propios da Xunta, mentres que o restante 22% son fondos europeos MRR

Allegue lembra que do investimento comprometido pola Xunta neste momento en vivenda, de 800M€, máis de 700M€ corresponden a fondos autonómicos e 84M€ a europeos, sen que haxa financiamento estatal

En Santiago a Administración autonómica ten en marcha, en diferentes fases de execución, 400 vivendas públicas, ademais de desenvolver solo para 3.400 vivendas, a maioría protexidas, no ámbito de Mallou