Trátase de actuar na intersección situada no quilométrico 9+980 desta vía, punto de acceso principal a esta parroquia do municipio pontevedrés
A intervención permitirá aumentar a visibilidade e reforzar a seguridade viaria nos movementos de tráfico deste cruce
Para iso desprazarase uns 55 metros a intersección ata o punto quilométrico 10+035, co fin de ampliar a calzada e dar cabida aos carrís de xiro e aos de acceso, asegurando a visibilidade dos vehículos que entran e saen da parroquia
A intervención inclúe o desvío para conectar a vía municipal coa estrada autonómica de forma segura
