Allegue denuncia que a demora do Plan Estatal de Vivenda bloquea a mobilización de 80 M€ en Galicia

Allegue denuncia que a demora do Plan Estatal de Vivenda bloquea a mobilización de 80 M€ en Galicia

Advirte que o atraso acumulado polo Goberno do Estado na aprobación do Plan adiará ao menos ata o segundo semestre de 2026, no escenario máis optimista, a convocatoria de axudas ao alugueiro da mocidade, rehabilitación, eficiencia enerxética, ou accesibilidade

Destaca como fronte a esta situación, a Xunta ten activadas neste primeiro trimestre todas as axudas con fondos exclusivos autonómicos, o que posibilitará achegas de case 27M€

Avanza nos próximos días a convocatoria con fondos da Xunta das axudas á adquisición de vivenda en centros históricos e as de adquisición de Vivenda de Protección Autonómica

A titular de Vivenda da Xunta incide na necesidade dun plan “serio, negociado e realista” e dunha política de vivenda “real” e pide ao Goberno do Estado que se deixe de perder o tempo e se poña a traballar pola vivenda