Manuel Pardo lembrou que a Xunta destina 2M€ a esta iniciativa para incrementar o número de vivendas públicas a través da adquisición de locais sen uso situados en baixos ou entreplanta de inmobles de uso residencial na trama urbana da cidade
O prazo para a presentación de solicitudes da Oferta Pública de Adquisición (OPA) de locais en Ourense para transformalos en vivendas de promoción pública en alugueiro remata o vindeiro 1 de maio
O delegado territorial destacou que esta medida é unha iniciativa máis da Xunta para seguir facilitando o acceso da cidadanía á vivenda
