A Xunta convoca as liñas de axudas de adquisición de vivenda en centros históricos e vivenda protexida, ás que destina un orzamento de 2 M€

A Xunta convoca as liñas de axudas de adquisición de vivenda en centros históricos e vivenda protexida, ás que destina un orzamento de 2 M€

A conselleira destaca en Pontevedra que estas liñas de axudas, financiadas exclusivamente con fondos propios da comunidade autónoma, ofrecen achegas de ata 15.000€ no caso das de centros históricos e de ata 20.000€ para vivenda protexida

Tras a publicación hoxe da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, o prazo de solicitudes abrirase o 15 deste mes de abril e permanecerá aberto ata o 15 de outubro

Allegue subliña que a Xunta ten convocadas xa todas as liñas de axudas no eido da vivenda e exixe ao Goberno central a aprobación do Plan Estatal de Vivenda para poñer en marcha as liñas cofinanciadas ao abeiro deste plan