Allegue destacou a recuperación urbana e revitalización do casco vello, “que estamos a encher de vida” a través das rehabilitacións do Consorcio
Desde a creación da entidade hai 20 anos foron adquiridos 93 inmobles no casco vello, dos que 79 deles xa están rehabilitados e deron lugar a 140 vivendas
O Plan de Actuación ata 2030 contempla un investimento da Xunta de 7,1M€ para rehabilitar outros 25 inmobles
