Allegue avanza a licitación por preto de 3,3 M€ da construción de 17 vivendas públicas en Lalín con financiación exclusiva de fondos da Xunta en solo cedido polo concello

Allegue avanza a licitación por preto de 3,3 M€ da construción de 17 vivendas públicas en Lalín con financiación exclusiva de fondos da Xunta en solo cedido polo concello

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publicará este mesmo luns 13 a licitación da obra, á que as empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o 25 de maio

Trátase de 17 novos fogares de 2, 3 e 4 dormitorios, nunha contorna residencial consolidada e ben comunicada, que serán eficientes enerxeticamente, con sistema de aerotermia na cuberta e paneis fotovoltaicos

As vivendas contarán con cualificación permanente, e están destinadas aos inscritos no Rexistro de Demandantes no concello, tanto veciños como persoas que traballan no municipio e desexen establecerse nel, contribuíndo así a fixar poboación

A conselleira destaca o incremento do limiar máximo de renda para optar a unha vivenda pública, de ata 4 veces o Iprem, 4,5 no caso das familias numerosas

Ademais, das vivendas en réxime de compravenda que impulse a Xunta, reservarase o 30% para persoas de entre 36 e 45 anos, que teñen fillos ou dependentes a cargo