Recorda que o Goberno galego xa está cumprindo o seu obxectivo de duplicar o parque de vivenda pública, e pasar de 4.000 a 8.000 fogares
Pon en valor que Galicia acollerá unha das 19 fábricas europeas de intelixencia artificial e que está a converterse nun referente en tecnoloxía cuántica
Resalta a futura Lei de educación dixital que permitirá compaxinar “os avances das novas tecnoloxías coa ensinanza de toda a vida” nos colexios galegos
Destaca que o Xacobeo 2027 será o mellor escaparate para amosar ao mundo todo o que representa a marca Galicia Calidade
Pide ao Goberno central máis apoio cara o vindeiro Ano Santo, “un acontecemento de toda España”
