A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta intervención e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 28 de maio
Allegue indicou que xa está o proxecto redactado para construír este edificio na parcela situada na Avenida de Vigo, cedida de balde polo Concello da Estrada
Trátase dun inmoble con vivendas de 2, 3 e 4 dormitorios, uns fogares accesibles, cunha construción de calidade e eficientes enerxeticamente
Para que máis galegos accedan á vivenda pública, a Xunta aumenta o limiar máximo de renda ata 4 veces o Iprem, 4,5 en familias numerosas
Das vivendas en réxime de compraventa que constrúa a Xunta, reservarase o 30% para persoas entre 36 e 45 anos, con fillos
