Allegue: “coas novas medidas, máis familias galegas terán acceso a vivenda pública da Xunta de Galicia”

Allegue: “coas novas medidas, máis familias galegas terán acceso a vivenda pública da Xunta de Galicia”

As modificacións impulsadas pola Xunta inclúen a suba dos límites de renda a 4 veces o Iprem (4,5 para familias numerosas), a reserva do 30% da vivenda en réxime de compra-venda para persoas de entre 36 e 45 anos con fillos ao seu cargo e a bonificación do 100% do imposto de Actos Xurídicos Documentados

A conselleira destacou que xa están en marcha as 4.000 vivendas públicas comprometidas nesta lexislatura e este ano entregaranse as primeiras en Santiago de Compostela e Pontevedra