As axudas da Xunta á rehabilitación de inmobles de titularidade municipal permiten incorporar 36 novas vivendas ao parque público residencial galego

As axudas da Xunta á rehabilitación de inmobles de titularidade municipal permiten incorporar 36 novas vivendas ao parque público residencial galego

Estas vivendas públicas terán protección permanente e serán destinadas ao alugueiro

Allegue salienta a “resposta abrumadora” a esta convocatoria autonómica, lanzada en xaneiro deste ano, e que xa ten esgotado o crédito

A través desta liña de axudas habilitaranse 10 novas vivendas públicas en Forcarei, cunha axuda da Xunta de 650.000 euros, que transforma en fogares modernos e de calidade as antigas casas de mestres situadas na avenida das Maleitas

O municipio pontevedrés é un dos 16 concellos beneficiarios desta liña de axudas

A conselleira subliña o esforzo da Xunta no ámbito da rehabilitación residencial, que só nesta lexislatura concedeu axudas para rehabilitar 66 vivendas cun investimento de máis de 3,1M€; e que sumadas ás previstas agora suporán máis dun cento de novos fogares