Esta promoción consta de 4 bloques que acadarán, segundo salientou a conselleira, “fogares modernos, que aproveitan a luz solar, cunha arquitectura que permite o máximo confort e o mínimo consumo enerxético”
Estes fogares destinaranse a alugueiro, reservándose o 40% para menores de 36 anos, que deberán estar inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda
Sinalou que estas novas vivendas públicas forman parte das 4.000 comprometidas pola Xunta e que xa están en marcha
Subliñou as novas medidas da Xunta para que máis persoas poidan acceder a vivendas públicas, incrementando o IPREM e incluíndo unha nova reserva do 30% dos fogares en venda para as persoas de entre 36 e 45 anos con fillos
