Allegue destaca a licitación das obras  de 54 vivendas públicas en Valdecorvos, en Pontevedra, cun investimento autonómico de 10,6 M€

Allegue destaca a licitación das obras de 54 vivendas públicas en Valdecorvos, en Pontevedra, cun investimento autonómico de 10,6 M€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe a licitación destas actuacións e as empresas terán de prazo ata o 12 de xuño para presentar ofertas

Construiranse bloques de 6 alturas, “cos maiores estándares de calidade en canto a funcionalidade, sostibilidade e aforro enerxético”, segundo indicou a conselleira

Estes fogares edificaranse en solo en Valdecorvos cedido de balde polo Concello

Allegue avanzou que axiña se licitarán as obras das outras 71 vivendas que se construirán nos outros solos cedidos, 58 en Ernestina Otero e 13 nas Devesas