Rueda anuncia a Estratexia para o impulso da vivenda protexida con novas medidas para incentivar a construción e facilitar o acceso a máis  familias

Rueda anuncia a Estratexia para o impulso da vivenda protexida con novas medidas para incentivar a construción e facilitar o acceso a máis familias

Resalta que a Xunta “vai ampliar o limiar de renda máxima” para “que máis xente teña dereito a optar” a unha vivenda pública ou protexida

No caso dunha pública, os ingresos máximos dunha unidade familiar de 3 membros pasarían dos 2.250 euros aos 3.530€

Nas protexidas de réxime especial, os limiar dunha parella cun fillo pasaría de 2.625 € a 3.971 €, chegando aos 4.850 € no réxime xeral

Nas VPP que se adxudiquen en réxime de compra mantense a reserva xa en marcha dun 25% para menores de 36 anos, engadese a reserva do 30% para persoas de entre 36 e 45 con fillos menores a cargo e no caso de alugueiro, reservase un mínimo do 40% para menores de 36 anos

Elévanse os prezos máximos de venda das vivendas protexidas, segundo a zona e o réxime, sendo máis contidos en Vigo, Santiago, A Coruña, Pontevedra, Lugo e Ourense, así como nos ámbitos derivados dos PIAs en tramitación

A conselleira María Martínez Allegue anuncia un novo paquete de axudas directas á construción que será convocado en breve, que acadarán ata os 42.500€ por vivenda no caso de vivendas protexidas de réxime especial en ámbitos como, por exemplo, os PIAs de Vigo ou Pontevedra

A Xunta xa solicitou ao Goberno central a extensión do tipo impositivo súper reducido do IVE que se aplica hoxe ás VPA de réxime especial ao conxunto dos réximes de vivenda protexida