A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, informou hoxe ao alcalde, José Miguel Pérez, da aprobación definitiva deste instrumento que permitirá ao municipio ofrecer capacidade de acollida residencial e económica acorde ao seu desenvolvemento
O PBM de San Xoán de Río, municipio que conta cunha poboación de 510 habitantes, clasifica un total de 49 núcleos rurais, repartidos en nove parroquias, e identifica e cataloga 44 elementos do patrimonio cultural
Trátase do 24 concello de Galicia que contará con esta ferramenta que a Xunta promove para acadar unha ordenación urbanística sostible en municipios de menos de 5.000 habitantes
