Allegue salientou que estas achegas se outorgaron nun total de 94 municipios de toda a comunidade
Sinalou que esta convocatoria lanzada en xaneiro permitiu conceder 43 axudas na provincia de Pontevedra, 86 en Lugo, 45 na Coruña e 30 en Ourense
Explicou que as axudas, de ata 30.000€, se dirixen a obras de rehabilitación, terminación ou ampliación de vivenda habitual ou destinada a alugueiro accesible
Puxo en valor estas achegas, pois ademais de favorecer o acceso á vivenda, contribúen a revitalizar os municipios de menor poboación e a asentar poboación
