A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta licitación e as empresas poderán presentar ofertas ata o vindeiro día 29 de xuño
Estas vivendas, que se financiarán con fondos propios autonómicos, construiranse en Paradai, en terreos acadados nunha permuta co Concello de Lugo
Trátase dun inmoble de baixo e 6 alturas, con vivendas de 2, 3 e 4 dormitorios, accesibles, de calidade e eficientes enerxeticamente
A conselleira salientou que en Lugo están en marcha máis de 600 vivendas públicas, a meirande parte en Garabolos, onde se veñen de licitar as obras de 152 novos fogares
