A Xunta reunirá este venres en Santiago á administración, concellos e  profesionais do sector na I Xornada de Impulso da Vivenda Protexida en Galicia

A Xunta reunirá este venres en Santiago á administración, concellos e profesionais do sector na I Xornada de Impulso da Vivenda Protexida en Galicia

Máis de 200 asistentes están inscritos neste foro organizado pola Xunta a través da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, que terá lugar na Cidade da Cultura

A conselleira María M. Allegue destaca a importancia desta xornada, que versará sobre as novas medidas de axilización normativa, no desenvolvemento de solo residencial e na colaboración público-privada para acelerar a construción de vivenda protexida

Neste encontro tamén se abordará o impulso da construción industrializada e o mapa de capacidades do sector en Galicia

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos analizará as medidas tributarias en favor da vivenda