A Xunta sela co Concello de Arbo a colaboración para humanizar a rúa Vázquez Estévez ao abeiro do Plan Hurbe, que  suporá un investimento total que roldará os 455.000 euros

A Xunta sela co Concello de Arbo a colaboración para humanizar a rúa Vázquez Estévez ao abeiro do Plan Hurbe, que suporá un investimento total que roldará os 455.000 euros

O departamento que dirixe María M. Allegue asumirá o 70% do orzamento, contratará e executará as obras; e o Concello aporta o 30% restante do investimento e corresponderalle o mantemento

As obras permitirán gañar espazo para os peóns, mellorar a accesibilidade e reforzar a seguridade viaria

A intervención incluirá tamén a renovación das redes de saneamento e abastecemento e a instalación de novos puntos de iluminación