A Xunta instala unha pasarela peonil paralela á ponte da estrada OU-150 en Cudeiro, en Ourense

A Xunta instala unha pasarela peonil paralela á ponte da estrada OU-150 en Cudeiro, en Ourense

O investimento da Xunta nesta infraestrutura supera os 435.000€ e prevese o remate dos traballos para finais de xuño ou principios de xullo

Allegue destaca o deseño da nova infraestrutura e a utilización de materia prima “de Galicia Calidade” na súa construción

O paso conformará un percorrido accesible e seguro para as persoas que se desprazan a pé pola zona, que xa non terán que cruzar pola ponte

A pasarela ten unha lonxitude de 60 metros e o seu deseño inclúe madeira de piñeiro no pavimento e nos pasamáns, así como un revestimento de coieira nos estribos para integrala coa ponte e a contorna

A previsión da Xunta é reabrir este venres ao tráfico á ponte, trala instalación da estrutura da pasarela