Rueda salienta que a Xunta recibiu ofertas para converter 26 locais en  vivenda e transformalos en ata 32 vivendas públicas de alugueiro accesible na cidade de Ourense

Rueda salienta que a Xunta recibiu ofertas para converter 26 locais en vivenda e transformalos en ata 32 vivendas públicas de alugueiro accesible na cidade de Ourense

Sinala que o Goberno galego mobiliza ata 2 M€ á compra de baixos e entreplantas de inmobles de uso residencial sen uso na cidade para destinala a vivenda pública con cualificación permanente

Apunta que a fórmula pioneira de oferta pública de adquisición de locais por parte da Xunta busca ampliar o parque público de vivenda, revitalizar áreas urbanas coa súa actividade comercial diminuída e contribuír así ao seu impulso social e económico e á sustentabilidade urbana