A conselleira subliñou a revitalización da contorna e as oportunidades para a mocidade, citando a vivenda entregada hai dúas semanas a unha menor de 36 anos
Destacou que se trata de “rehabilitacións moi coidadas que lle van proporcionar aos novos inquilinos unha vivenda moderna e enerxeticamente eficiente”
Lembrou que a Xunta renovou a cooperación co Concello, cun Plan de Actuación do Consorcio ata 2030, cun investimento autonómico de máis de 7M€, multiplicando por 4 a achega do plan anterior
