A Xunta recibe 3 ofertas para a construción de 10 vivendas de promoción pública en Marxión, en Vilagarcía de Arousa

A Xunta recibe 3 ofertas para a construción de 10 vivendas de promoción pública en Marxión, en Vilagarcía de Arousa

O novo inmoble, cuxo investimento acada preto de 2M€, situarase nunha parcela cedida polo Concello

O edificio terá baixo e dúas alturas e contará con 8 vivendas de dous dormitorios e 2 de tres dormitorios

O prazo de execución das obras será de 18 meses