A Xunta anima aos concellos do Ribeiro a fixar poboación a través das axudas para rehabilitar vivendas destinadas a persoas traballadoras

A Xunta anima aos concellos do Ribeiro a fixar poboación a través das axudas para rehabilitar vivendas destinadas a persoas traballadoras

José González fai fincapé en que a convocatoria está orientada aos municipios de menos de 20.000 habitantes, tendo prioridade os de menos de 5.000, que son a totalidade dos da comarca do Ribeiro

Lembra que a orde conta cunha primeira liña dirixida a empresas e a persoas físicas ou xurídicas, e unha segunda para concellos, co gallo de dar unha nova vida ás vivendas baleiras con axudas máximas previstas de ata o 95 % do orzamento da rehabilitación

Destaca que os inmobles deben destinarse a persoas traballadoras en réxime de alugueiro ou de cesión de uso, non podendo situarse a máis de 15 km do centro de traballo e primándose os casos relacionados con sectores económicos estratéxicos