Sinalou que mentres o II Pacto de Vivenda de Galicia 2026-2030 da Xunta está operativo desde o 1 de xaneiro e permitiu convocar todos os programas autonómicos, os fondos do Plan Estatal de Vivenda, a 7 de xullo, non chegaron a ningunha comunidade
Lamentou que “este retraso poña en risco convocatorias de axudas ao alugueiro, a comunidades de propietarios, a rehabilitación ou promotores, bloqueando arredor de 80M€”
Instou ao Goberno a “converter a vivenda nun obxectivo nacional”, en lugar dun “plan ideolóxico”, que incluso condiciona a financiación a que as comunidades apliquen medidas como as zonas tensionadas, que non están a ser eficaces
Criticou a imposición do cofinanciamento do 40% por parte das comunidades e sinalou que a dotación é insuficiente para Galicia, con 399M€ para 5 anos, dos que o Estado só aporta 239M€, o que supón unha achega estatal de arredor de 48M€ anuais
Exixiu ao Goberno central o mesmo esforzo financeiro que fai a Xunta, que quintuplica a aportación mentres a estatal apenas se duplica
Detallou que “cos fondos previstos apenas poderían financiarse 600 vivendas protexidas ao ano, cando en 2 anos a Xunta ten en marcha 4.000 vivendas públicas”
O Goberno galego tamén defende a aplicación dun IVE superreducido do 4% para mercar vivenda protexida, un acordo aprobado no Parlamento e remitido ao Goberno
