A Xunta recibe 6 ofertas para as obras de urbanización da rúa Serra de Meira, en Lugo

A Xunta recibe 6 ofertas para as obras de urbanización da rúa Serra de Meira, en Lugo

Esta actuación, que conta cun investimento total de 1,1M€, permitirá ampliar e mellorar o viario entre as glorietas de Serra de Meira e da avenida Adolfo Suárez, para crear un espazo máis seguro, accesible e integrado no barrio

As obras incluirán, entre outras intervencións, a pavimentación da calzada, a construción de novas beirarrúas, a mellora da capa de rodaxe das sendas peonís, actuacións de xardinería e a instalación de mobiliario urbano